ENTROIDO 2025 NO CASTRO ALOBRE: MANDADOS DO MECO
Ao mellor entroido das Rías Baixas chegan os mandados do Meco! Aquí tedes: Luns: tes que vir colorida para ao entroido dar a benvida. Martes: se o martes feliz queres ser, os pés diferentes tes que traer. Mércores: o mércores se valente es, trae unha prenda do revés. Xoves: contra o final da semana poñemos o pixama. Venres: e para finalizar ven ao festival a desfrutar. Comezamos!!