Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

NOVO FALADOIRO O 4 DE FEBREIRO

Imaxe
 O vindeiro martes 4 de febreiro achégate ao salón de actos no primeiro recreo para participar nun novo faladoiro. Que imos facer? Pois elexir os mandados do Meco para a celebración da semana do entroido. E por se fose pouco...   CONCURSO DE DOCES DE ENTROIDO Trae a túa proposta da casa (filloas ou orellas) e desfruta dunha grande degustación. Un gran premio agarda por ti! E como diría o personaxe máis famoso do entroido en Galicia: "e comprouno... que traballo lle vai dar!"

DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
Como xa é habitual, dende o ENDL lanzamos o concurso para conmemorar o día de Rosalía, o vindeiro 23 de febreiro. Se o curso pasado foron as pulseiras, este, buscamos un deseño para ter o noso "landyard" de Rosalía. Dende o 24 de xaneiro e, ata o vindeiro 3 de febreiro, podes recoller a plantilla en conserxaría e presentar a túa proposta (unha frase, un deseño, unha mestura...Sé orixinal!). A proposta gañadora recibirá un "landyard" de agasallo e o recoñocemento nacional e internacional á hora de publicitar a actividade. Anímate a participar e recorda...Rosalía cada día!