DÍA DE ROSALÍA
Como xa é habitual, dende o ENDL lanzamos o concurso para conmemorar o día de Rosalía, o vindeiro 23 de febreiro.
Se o curso pasado foron as pulseiras, este, buscamos un deseño para ter o noso "landyard" de Rosalía.
Dende o 24 de xaneiro e, ata o vindeiro 3 de febreiro, podes recoller a plantilla en conserxaría e presentar a túa proposta (unha frase, un deseño, unha mestura...Sé orixinal!).
A proposta gañadora recibirá un "landyard" de agasallo e o recoñocemento nacional e internacional á hora de publicitar a actividade.
Anímate a participar e recorda...Rosalía cada día!

Comentarios
Publicar un comentario