CONCURSO ALMANAQUE 2026

 📷 Viaxa no tempo co ENDL!


Ola, xentiña do Castro Alobre! 👋

Chega o concurso máis creativo do ano: o do Almanaque 2026, e si...queremos que ti formes parte del!

Este curso propoñémosche un reto tan orixinal coma divertido:

👉Recrear unha foto histórica de Galicia (ou das súas xentes) coa técnica que máis che preste.

Vale todo: 📷fotografía, 🎨pintura, ✐ debuxo, 💢colaxe, 🖥técnica dixital...💡ou unha técnica mixta que mesture o pasado e o presente.

O importante é darlles nova vida ás imaxes que contan a nosa historia. E para inspirarte, podes mirar o traballos de diferentes artistas na Aula Virtual do Equipo (DINAMIZACIÓN 25-26)...pero tamén vale esa foto antiga da túa bisavoa facendo pan ou do teu bisavó na feira do gando.

📅Como participar

1. Escolle unha foto antiga ou histórica relacionada con Galicia.

2. Recrea esa imaxe ao teu xeito e coa técnica que prefiras.

3. Engade un breve texto explicando que che inspira ou que che fixo escoller esa imaxe.

4. Entrega o teu traballo ata o 9 de novembro:

  • pola Aula Virtual (jpg),
  • en formato físico na conserxería do centro (DIN A3/A4).

Podes participar en solitario, en parella ou en grupo.

🏆Que podes gañar?

Os 12 traballos seleccionados ilustrarán os meses do Almanaque 2026 do IES Castro Alobre.

E ademais, as obras serán expostas neste Blog, no Instagram do ENDL e nos corredores do centro, con moita visibilidade (e presumir un pouquiño tamén conta 😎).

📢Así que xa sabes: rebusca, crea, pinta, debuxa, recrea e fai historia co teu talento!

Non deixes pasar a oportunidade de formar parte deste proxecto que mestura memoria, arte e humor.

😅Se tes dúbidas, pregunta a calquera do Equipo de Dinamización: prometemos non morder (aínda que morda a inspiración).

Almanaque 2026: unha viaxe no tempo...contigo dentro!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

O MELLOR FILTRO: O GALEGO. ARRANCAMOS!

11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA SAÍDA DO ARMARIO

DÍA DE ROSALÍA