O MELLOR FILTRO: O GALEGO. ARRANCAMOS!

 


Ola, xentiña do Castro Alobre!

Estreamos curso e...que mellor maneira de facelo que presentándonos en bloque? Aquí estamos, o ENDL do IES Castro Alobre, con ganas renovadas de liala para que o galego soe alto e claro polos corredores do instituto.

En bloque porque compartimos o mesmo obxectivo: facer do galego a nosa ferramenta para crear, convivir e gozar.

Este ano vén cargadiño de propostas, vellas e novas: concursos, exposicións, xogos, proxectos compartidos...e, como non, o noso Almanaque 2026 que será unha viaxe ben especial pola memoria e a creatividade.

Así que, alumnado, profes e comunidade: a porta está aberta para que vos sumedes. Participade, traede ideas e facede que o galego se sinta nos corredores, nas aulas e nas redes.

Podedes seguir todas as nosas novidades:

    • no noso Blog ENDL IES Castro Alobre 

    • no Instagram endlcastroalobre (@endlcastroalobre)

    • na Aula Virtual

Dámosvos a benvida cun sorriso enorme e co desexo de que este curso sexa para todes, unha aventura de aprendizaxe, amizade e bo humor. 😃

Comentarios

Publicacións populares deste blog

11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA SAÍDA DO ARMARIO

DÍA DE ROSALÍA