Publicacións

Felices festas e próspero aninovo!

Imaxe
💫 Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Castro Alobre queremos desexar a toda a comunidade educativa unhas 🎄 boas festas  e un  🎉 2026 cheo de pensamento crítico e palabras ben escollidas, onde o galego sexa o punto de encontro. Queremos aproveitar tamén para dar as grazas ao profesorado e, en especial, ao noso alumnado que participou nas actividades do equipo durante estes meses (faladoiros, grupo de teatro Farsantes en pé , concurso do Almanaque 2026...). 🎆 Boas Festas e Feliz aninovo a todes, todas e todos!  ENDL Castro Alobre.

11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA SAÍDA DO ARMARIO

Imaxe
  🌈 11 DE OUTUBRO: DÍA DA SAÍDA DO ARMARIO Ser quen somos, sen pedir permiso Hai portas que nunca deberían existir. Portas que nos obrigan  a agocharnos, a calar, a disfrazar quen somos para encaixar. Por iso o 11 de outubro , o Día Internacional da Saída do Armario , non é unha celebración máis: é un recordatorio que vivir con liberdade é un dereito humano, non unha concesión. A nosa lingua tamén serve para reivindicar, así, dende o ENDL afirmamos que saír do armario é moito máis ca unha metáfora: É rexeitar a vergoña e abrazar o orgullo. É dicir "aquí estou" sen medo ao que pensen. É poñerlle rostro, voz e nome á diversidade que sempre existiu, pero que moitas veces o silencio quixo borrar. Nesta ocasión imos poñerlle os rostros de  💜 Marcela e Elisa , dúas mestras coruñesas de comezos do s.XX, profundamente namoradas, que se atreveron ao que ninguén se atrevía. En 1901, na igrexa de San Xurxo de Coruña, casaron en segredo: Elisa fíxose pasar por home baixo o nome ...

CONCURSO ALMANAQUE 2026

Imaxe
  📷   Viaxa no tempo co ENDL! Ola, xentiña do Castro Alobre! 👋 Chega o concurso máis creativo do ano: o do  Almanaque 2026 , e si...queremos que ti formes parte del! Este curso propoñémosche un reto tan orixinal coma divertido: 👉 Recrear unha foto histórica de Galicia  (ou das súas xentes) coa técnica que máis che preste. Vale todo: 📷fotografía, 🎨pintura, ✐ debuxo, 💢colaxe, 🖥técnica dixital...💡ou unha técnica mixta que mesture o pasado e o presente. O importante é darlles nova vida ás imaxes que contan a nosa historia. E para inspirarte, podes mirar o traballos de diferentes artistas na Aula Virtual do Equipo (DINAMIZACIÓN 25-26)...pero tamén vale esa foto antiga da túa bisavoa facendo pan ou do teu bisavó na feira do gando. 📅 Como participar 1. Escolle unha foto antiga ou histórica relacionada con Galicia. 2. Recrea esa imaxe ao teu xeito e coa técnica que prefiras. 3. Engade un breve texto explicando que che inspira ou que che fixo escoller esa imaxe. 4. E...

O MELLOR FILTRO: O GALEGO. ARRANCAMOS!

Imaxe
  Ola, xentiña do Castro Alobre! Estreamos curso e...que mellor maneira de facelo que presentándonos en bloque? Aquí estamos, o ENDL do IES Castro Alobre, con ganas renovadas de liala para que o galego soe alto e claro polos corredores do instituto. En bloque porque compartimos o mesmo obxectivo: facer do galego a nosa ferramenta para crear, convivir e gozar. Este ano vén cargadiño de propostas, vellas e novas: concursos, exposicións, xogos, proxectos compartidos...e, como non, o noso Almanaque 2026 que será unha viaxe ben especial pola memoria e a creatividade. Así que, alumnado, profes e comunidade: a porta está aberta para que vos sumedes. Participade, traede ideas e facede que o galego se sinta nos corredores, nas aulas e nas redes. Podedes seguir todas as nosas novidades:     • no noso Blog ENDL IES Castro Alobre      • no Instagram endlcastroalobre ( @endlcastroalobre )     • na Aula Virtual Dámosvos a benvida cun sorriso enorme e co desexo ...

ENTROIDO 2025 NO CASTRO ALOBRE: MANDADOS DO MECO

Imaxe
Ao mellor entroido das Rías Baixas chegan os mandados do Meco! Aquí tedes:     Luns: tes que vir colorida para ao entroido dar a benvida.     Martes: se o martes feliz queres ser, os pés diferentes tes que traer.     Mércores: o mércores se valente es, trae unha prenda do revés.     Xoves: contra o final da semana poñemos o pixama.     Venres: e para finalizar ven ao festival a desfrutar. Comezamos!!

GAÑADORXS DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
 Aquí están os dez deseños gañadores que formarán o "lanyard" do Día de Rosalía. Queremos aclarar que os números que aparecen na esquina superior dereita corresponden á súa colocación no "lanyard", non á súa posición no concurso. Todos os deseños son gañadores por igual e non fixemos clasificación. O vindeiro 24 de febreiro poderedes facervos con eles e pasear con orgulla á nosa Rosalía por todos os lugares do mundo. Moitas grazas a todas as persoas que participastes e parábéns ás persoas gañadoras!

CITAS RÁPIDAS EN GALEGO

Imaxe
 O vindeiro 14 de febreiro, o Departamento de Lingua Galega e Literatura co que colaboramos, pon en marcha "Citas Rápidas", unha oportunidade única para coñecer xente e falar un pouco sobre o que che apeteza...EN GALEGO!