11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA SAÍDA DO ARMARIO
🌈 11 DE OUTUBRO: DÍA DA SAÍDA DO ARMARIO
Ser quen somos, sen pedir permiso
Hai portas que nunca deberían existir. Portas que nos obrigan a agocharnos, a calar, a disfrazar quen somos para encaixar. Por iso o 11 de outubro, o Día Internacional da Saída do Armario, non é unha celebración máis: é un recordatorio que vivir con liberdade é un dereito humano, non unha concesión.
A nosa lingua tamén serve para reivindicar, así, dende o ENDL afirmamos que saír do armario é moito máis ca unha metáfora:
- É rexeitar a vergoña e abrazar o orgullo.
- É dicir "aquí estou" sen medo ao que pensen.
- É poñerlle rostro, voz e nome á diversidade que sempre existiu, pero que moitas veces o silencio quixo borrar.
Nesta ocasión imos poñerlle os rostros de 💜 Marcela e Elisa, dúas mestras coruñesas de comezos do s.XX, profundamente namoradas, que se atreveron ao que ninguén se atrevía.
En 1901, na igrexa de San Xurxo de Coruña, casaron en segredo: Elisa fíxose pasar por home baixo o nome de Mario Sánchez para poder xurar amor eterno á súa compañeira.
Cando se descubriu o seu segredo, tiveron que fuxir. Foron perseguidas, ridiculizadas e esquecidas.
✨Mais hoxe o seu nome brilla con orgullo, Marcela e Elisa foron quen de deixar aberta unha fenda de luz na historia: a do amor que non se agocha.
Pagaron un prezo moi alto, pero deixáronnos unha lección inmensa: o dereito a ser é innegociable.
Para saber máis da historia de Elisa e Marcela:
BANDA DESEÑADA:
https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4372
(Pódese descargar ou ver en liña)
VÍDEOS:

Comentarios
Publicar un comentario