Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA SAÍDA DO ARMARIO

Imaxe
  🌈 11 DE OUTUBRO: DÍA DA SAÍDA DO ARMARIO Ser quen somos, sen pedir permiso Hai portas que nunca deberían existir. Portas que nos obrigan  a agocharnos, a calar, a disfrazar quen somos para encaixar. Por iso o 11 de outubro , o Día Internacional da Saída do Armario , non é unha celebración máis: é un recordatorio que vivir con liberdade é un dereito humano, non unha concesión. A nosa lingua tamén serve para reivindicar, así, dende o ENDL afirmamos que saír do armario é moito máis ca unha metáfora: É rexeitar a vergoña e abrazar o orgullo. É dicir "aquí estou" sen medo ao que pensen. É poñerlle rostro, voz e nome á diversidade que sempre existiu, pero que moitas veces o silencio quixo borrar. Nesta ocasión imos poñerlle os rostros de  💜 Marcela e Elisa , dúas mestras coruñesas de comezos do s.XX, profundamente namoradas, que se atreveron ao que ninguén se atrevía. En 1901, na igrexa de San Xurxo de Coruña, casaron en segredo: Elisa fíxose pasar por home baixo o nome ...

CONCURSO ALMANAQUE 2026

Imaxe
  📷   Viaxa no tempo co ENDL! Ola, xentiña do Castro Alobre! 👋 Chega o concurso máis creativo do ano: o do  Almanaque 2026 , e si...queremos que ti formes parte del! Este curso propoñémosche un reto tan orixinal coma divertido: 👉 Recrear unha foto histórica de Galicia  (ou das súas xentes) coa técnica que máis che preste. Vale todo: 📷fotografía, 🎨pintura, ✐ debuxo, 💢colaxe, 🖥técnica dixital...💡ou unha técnica mixta que mesture o pasado e o presente. O importante é darlles nova vida ás imaxes que contan a nosa historia. E para inspirarte, podes mirar o traballos de diferentes artistas na Aula Virtual do Equipo (DINAMIZACIÓN 25-26)...pero tamén vale esa foto antiga da túa bisavoa facendo pan ou do teu bisavó na feira do gando. 📅 Como participar 1. Escolle unha foto antiga ou histórica relacionada con Galicia. 2. Recrea esa imaxe ao teu xeito e coa técnica que prefiras. 3. Engade un breve texto explicando que che inspira ou que che fixo escoller esa imaxe. 4. E...

O MELLOR FILTRO: O GALEGO. ARRANCAMOS!

Imaxe
  Ola, xentiña do Castro Alobre! Estreamos curso e...que mellor maneira de facelo que presentándonos en bloque? Aquí estamos, o ENDL do IES Castro Alobre, con ganas renovadas de liala para que o galego soe alto e claro polos corredores do instituto. En bloque porque compartimos o mesmo obxectivo: facer do galego a nosa ferramenta para crear, convivir e gozar. Este ano vén cargadiño de propostas, vellas e novas: concursos, exposicións, xogos, proxectos compartidos...e, como non, o noso Almanaque 2026 que será unha viaxe ben especial pola memoria e a creatividade. Así que, alumnado, profes e comunidade: a porta está aberta para que vos sumedes. Participade, traede ideas e facede que o galego se sinta nos corredores, nas aulas e nas redes. Podedes seguir todas as nosas novidades:     • no noso Blog ENDL IES Castro Alobre      • no Instagram endlcastroalobre ( @endlcastroalobre )     • na Aula Virtual Dámosvos a benvida cun sorriso enorme e co desexo ...